NA GALÍCIA

-III Encontro Internacional de Políticas de Intercambio no Ámbito das Artes Escénicas

CONTIDO:
A Cena Lusófona e o Centro Dramático Galego celebran do 30 de novembro ao 2 de decembro na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) o III Encontro Internacional de Políticas de Intercambio no Ámbito das Artes Escénicas, no que profesionais das artes escénicas de Galicia e os países lusófonos intercambiarán experiencias e estreitarán lazos para poñer en marcha novos proxectos culturais.

A relación entre empresa e cultura e o ensino artístico serán os dous temas principais sobre os que xire un encontro que tamén acollerá a presentación do proxecto P-STAGE-IV Estágio Internacional de Actores Lusófonos, proxecto de formación, creación artística e circulación de espectáculos levado a cabo xunto a Portugal, Angola, Guinea Bissau, Sao Tomé e Príncipe, Brasil e Galicia; ademais dun bo número de actividades complementarias que acompañarán esta iniciativa.

INSCRICIÓNS NAS SESIÓNS ABERTAS:
O III Encontro contará o sábado 1 de decembro con tres mesas redondas nas que é posible inscribirse totalmente de balde:

11:00h. O ensino artístico en Galicia e na Comunidade de Países en Lingua Portuguesa (CPLP)
Análise do actual panorama do ensino das artes escénicas do espazo da CPLP e de Galicia e as potencialidades que abre ao nivel de intercambio e da mobilidade de artistas, docentes e alumnos.
-Reservar praza

13:30h. Presentación pública do proxecto P-STAGE
Presentación do proxecto P-STAGE – IV Estágio Internacional de Actores Lusófonos, un proxecto de formación, creación e circulación de espectáculos levado a cabo en colaboración entre Portugal, Angola, Guinea-Bissau, São Tomé e Príncipe, Brasil e Galicia, co apoio do programa ACP Cultures.
-Reservar praza

17:30h. A empresa e a cultura
Esta mesa redonda analizará as potencialidades das relacións entre empresas privadas, axentes artísticos e Estados no financiamento e na concreción de proxectos culturais no espaz lusófono
-Reservar praza

Ator, roteirista e cineasta. Co-fundador da Cia. Os Satyros e diretor executivo da SP Escola de Teatro.
Post criado 1781

Deixe um comentário

O seu endereço de e-mail não será publicado. Campos obrigatórios são marcados com *

Posts Relacionados

Comece a digitar sua pesquisa acima e pressione Enter para pesquisar. Pressione ESC para cancelar.

De volta ao topo